Por que xorden as diferentes variedades de castañas e abelás?
Dende a súa orixe, o obxectivo da produción agrícola foi obter un produto útil e de calidade: froitos (para consumo humano ou animal), madeira (tanto para o seu uso na construción como para a fabricación de utensilios e enseres), ou incluso, produtos asociados como o mel.
Deste xeito, en función das necesidades seleccionouse, a árbore máis forte, a planta que daba máis froitos, os máis doces ou os máis resistentes ás condicións meteorolóxicas e enfermidades, etc.
Esa selección artificial, desenvolvida durante séculos a base de seleccionar unha planta coas características desexadas (fortaleza, calidade de froitos, resistencia, etc.) e reproducila xeración tras xeración, foi a orixe das distintas variedades de castiñeiro e abeleira. Incluso existen plantas híbridas entre diferentes especies do xénero Castanea:
Castiñeiro:
Hai 12 especies de castiñeiro no mundo, cada unha coas súas variedades. En España, as variedades máis cultivadas de castiñeiro (Castanea sativa) elíxense en función de produtividade (kg/árbore), facilidade de pelado, tamaño e conservación. Algunhas das máis destacadas son:

Branca, Parede e outras (Galicia): consumo humano directo e repostaría. ¡Ata 18kg de castañas/árbore!

Longal (Norte de España e Portugal) e Verata: Moi fáciles de pelar o que permite que o seu procesado sexa máis rápido e barato.

Xudía (Xudía) das máis grandes e apreciadas (entre 45 e 60 castañas/kg).

Temprana (Andalucía): as primeiras castañas que se colleitan (setembro).
Abeleira:
Hai ata 20 especies diferentes no mundo, cada unha coas súas variedades. En España, as principais variedades de abeleira tradicionais (Corylus avellana) son:

Negret, Pauetet (Cataluña): consumo en fresco e repostaría (turróns, chocolates, etc..)

Gironella (Cataluña): pelado industrial (snacks, pastelería).

Amandi e Casina (Asturias): consumo local e licores.
*A variedade Tonda di Giffoni ou Tonda, a pesar de ser de orixe italiano, cultívase en España de maneira intensiva (principalmente Cataluña) por rendemento, sabor e resistencia a enfermidades.
*Ilustracións: Lourdes berzas- Loubé