logo_seoBird_life

3.1.3. Fauna

Esquío vermello. Pablo de la Nava

É o conxunto de animais que habitan nunha zona determinada. Os soutos e abeledos ofrecen refuxio a numerosas especies e, ademais, proporcionan a alimentación da fauna, os seus froitos e flores.

Índice

Fauna silvestre

Mamíferos

Os mamíferos son vertebrados e vivíparos que se desenvolven no ventre materno e as crías aliméntanse do leite. Nos soutos e abeledos son moitas as especies que aproveitan os froitos das árbores para alimentarse, como o corzo (Capreolus capreolus), ervus elaphus) e o xabaril (Sus scrofa) e as árbores para refuxiarse como o esquío vermello (Scirus vulgaris).

Xabaril (Sus scrofa). Toxal - Pixabay

(Xabaril (Sus scrofa). Toxal – Pixabay)

Sabías que…

… o xabaril (Sus scrofa) aproveita para comer bulbos e outros fungos cando están remexendo a terra na procura de castañas e abelás?

Morcego ratoeiro forestal_Ján Svetlík (Flickr)

O grupo de mamíferos máis abundante é o dos morcegos, atraídos pola cantidade de refuxio e alimento como o morcego ratoneiro forestal (Myotis bechsteinii), especie moi ameazada, ou o nóctulo común ou mediano (Nyctalus noctula).

Sabías que…

…os morcegos (quirópteros) son carnívoros e tamén o segundo grupo de mamíferos máis diverso en número de especies no mundo despois dos roedores?

Outros mamíferos

Consumidores primarios (herbívoros): ratos e topillos que atopan refuxio e alimento nos soutos e abeledos.

Rato do campo (Apodemus sylvaticus). Wikimedia Commons
Raposo vermello (Vulpes vulpes). Wikimedia Commons

Depredadores (Consumidores secundarios) chegan a estes lugares atraídos pola abundancia de presas: o raposo vermello (Vulpes vulpes), teixugo (Meles meles) e a xineta (Genetta genetta).

Mamíferos especiais

Símbolos da nosa fauna e grandes reguladores do funcionamento do ecosistema. Podes atopar máis información sobre estes grandes mamíferos no ANEXO 3.

Aves

Son animais ovíparos e vertebrados que teñen peteiro, plumas e ás. Algunhas especies aliméntanse das nutritivas castañas e abelás, gromos, pero a maioría consome insectos destes sistemas forestais.

Destacan os córvidos, grandes consumidores de abelás: corvo grande (Corvus corax), corvo pequeño (Corvus corone) e o gaio (Garrulus glandarius). Os pequenos páridos: ferreiriño azul (Cyanistes caeruleus) ou o activo gabeador azul (Sitta europaea).

Sabías que…

… os gaios agochan froitos no chan e noutros lugares, o que axuda a dispersar as sementes e reforestar o bosque?

Peto real (Dendrocopos major). Ryzhkov Serhii - Shutterstock

Ademais dunha fonte de alimento, as aves aproveitan estes montes como refuxio. Un exemplo diso son os paxaros carpinteiros (pícidos): peto real (Dendrocopos major), e o peto pequeno (Dendrocopos minor).

Atraídas pola gran cantidade de presas outras aves e pequenos mamíferos, as aves depredadoras buscan alimento e reprodúcense ao abeiro de castiñeiros e abeleiras:

Aguia Calzada

Son de Avelaiona

Réptiles

Vertebrados ovíparos ou ovovivíparos con escamas no seu corpo e que se desprazan reptando (rozando a barriga no chan) por non ter patas ou por telas moi curtas.

Aproveitan os ocos das árbores como refuxio e buscan o seu alimento (artrópodos e pequenos vertebrados) entre follas, pedras e ramas. Entre eles pódense atopar cobras, lagartixas, lagartos e escánceres (Anguis fragilis). En particular nestes ecosistemas viven a lagartixa galega ou de Bocage (Podarcis bocagei) e a cobra de colar (Natrix natrix).

Anfibios

En ambientes húmidos preto de ríos, regatos ou zonas sombrías, viven ras, sapos e pintafontes; animais ovíparos sen pelo, plumas ou escamas que desenvolven o seu ciclo vital entre a terra e a auga.

Entre as ras que viven nestas zonas está a ra patilonga (Rana ibérica) e a ra vermella (Rana temporaria), entre os pintafontes vive o pintafonte ibérico (Lissotriton boscai) e salamandras como a píntega común (Salamandra salamandra) e a píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica).

Sons de ra común

Invertebrados

Sírfido (Caliprobola speciosa). Wikimedia Commons

Non todos os animais dependen exclusivamente de castañas e abelás.

As flores alimentan co seu néctar a diferentes especies de insectos polinizadores (moscas, abellas e avespas principalmente) e estes a cambio, polinizan as plantas do ecosistema.

Outros invertebrados (arañas e escaravellos) conseguen refuxio e reproducirse entre ocos, pedras e a madeira en descomposición. Destacar aos escaravellos coprófagos que airean o chan, removéndoo.

Escaravello (Ceratophyus martinezi). Miguel Pedreño Martínez - Flickr
Lesma (Geomalacus maculosus). Wikimedia Commons

Outros invertebrados: No chan habitan decenas de especies, unha microfauna esencial que contribúe á fertilidade do chan, aireando, removendo e degradando materia como as miñocas, lesmas mentres se alimentan.

Fauna doméstica (gando)

Asociados a esta fauna silvestre e como ferramenta de xestión, o gando exerce unha función fundamental no ecosistema, manteñen aireado o chan e a raia as pragas.

Porco nun castiñeiro. Marta Ciordia Ara – Fototeca CENEAM

Nos soutos paseáronse desde hai séculos as piaras de porcos ou rabaños de cabras para que se alimenten das súas castañas, xa que é un alimento moi nutritivo, bo para a saúde e a carne que producen os animais. Tamén rabaños de cabras ou ovellas, que pastando manteñen a raia a vexetación herbácea e arbustiva, facilitando os traballos no souto.

Son ambiente de gando porcino

Sabías que…

… a alimentación dos porcos con castañas directamente nos montes fai diminuír a presenza de parasitos nos froitos, controlan pragas e diminúen a presenza de parasitos tamén no porco?

Pasear o gando (gandería extensiva) polos montes de castiñeiros ten beneficios; xa que mellora o produto final á vez que manteñen as razas autóctonas de gando. Ver Anexo

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.