Facilitan o movemento de animais, o que axuda a manter a diversidade xenética das especies e a fortalecer os ecosistemas que os rodean.
Índice
Os castiñeiros e o seu ecosistema
Para comunicarse entre eles, estas árbores producen unhas substancias químicas chamadas taninos, que teñen un dobre efecto:

Tóxico
Evitan que algunhas plantas do seu arredor absorban nutrientes e reducen o seu crecemento arredor dos castiñeiros, evitando a competencia.

Beneficioso
Axudan a establecer relacións especiais dos castiñeiros con outras especies próximas. Evitan o crecemento de fungos, bacterias, virus que poden causar enfermidades.
Isto xera refuxios de vida e "pontes naturais" ou illas de diversidade que unen as paisaxes e garanten a supervivencia de moitas especies.
…Os taninos que producen os castiñeiros serven para evitar ser comidos?
Son astrinxentes e amargos para algúns animais herbívoros provocando estreñemento a quen os consuma.
Especial mención é a relación dos castiñeiros coas especies do xénero Quercus (carballos, coscojas, reboleiras ou sobreira) xerando fermosas paisaxes.
As abeleiras e o seu ecosistema
As abeleiras están especialmente relacionadas cos bosques de ribeira, as lindes de prados e parcelas con aproveitamento hortofrutícola. Cumpren a función de corredor ecolóxico, xa que conectan a toda a comunidade de seres vivos que habitan estes incríbeis lugares e servindo de zona de paso e dispersión para as especies silvestres que o habitan.
Facilitan o movemento de animais, o que axuda a manter a diversidade xenética das especies e a fortalecer os ecosistemas que os rodean.
Os fungos: Unha relación especial e fundamental
Os fungos forman micorrizas, unha cooperación (simbiose) cos árbores a través das raíces, como castiñeiros e abeleiras, que lles permiten absorber nutrientes e auga de maneira máis eficiente e os fungos obteñen azucres da planta tras a fotosíntese.
Tamén axudan no reciclaxe de nutrientes e enriquecemento do solo cando descompoñen a materia orgánica, favorecendo a rexeneración do bosque achegando nutrientes ao solo e mantendo en equilibrio o ecosistema.
Por todo isto e moito máis, a Unión Europea, protexe estes tipos de hábitats forestais a través da Directiva Hábitats (unha normativa orientada ao mantemento en bo estado de conservación de especies e hábitats naturais no contexto da UE), con axudas económicas e proxectos novos para conservalos e dalos a coñecer.
En Montes Vivos realízanse accións coas persoas propietarias das explotacións aproveitando estas relacións naturais de castiñeiros e abeleiras co obxectivo de fomentar a biodiversidade e o desenvolvemento e emprendemento local.