logo_seoBird_life

2.1.2. Pragas e enfermidades

As plantacións de castiñeiros e abeleiras non están libres de perigos. Debido, principalmente á expansión de especies exóticas, cambio climático e á aparición de novas pragas e enfermidades daniñas aparecen nos nosos montes.

Índice

Enfermidades e pragas do castiñeiro

Efectos da tinta do castiñeiro. Castanea-zamora.es
Efectos da tinta do castiñeiro. Castanea-zamora.es

A tinta do castiñeiro

Enfermidade causada polos fungos Phytophthora cinnamomi ou Phytophthora cambivora que parasita e ataca as raíces e a base do tronco dos castiñeiros, bloqueando a circulación de seiva e nutrientes.
Púdrense as raíces, as follas amarelecen e na base da árbore aparece un líquido escuro parecido a "tinta" que lle dá o nome á enfermidade.

Posible solución

Para previr a enfermidade: Pódense plantar castiñeiros resistentes (seleccionados artificialmente).
Para controlala: Evitar a arada do solo, desinfectar as ferramentas utilizadas e mellorar a drenaxe do solo.

Efectos do cancro do castiñeiro. Wikimedia Commons

Cancro do castiñeiro

Enfermidade causada polo fungo Cryphonectria parasitica que ataca a cortiza dos castiñeiros, formando úlceras (chancros) que estrangulan ramas e troncos, impedindo o fluxo de seiva.
Prodúcense os "chancros" que rompen e rasgan a cortiza que queda dunha cor avermellada e inchada. As ramas sécanse segundo o fungo aumenta de tamaño.

Posible solución

Ao transmitirse as esporas do fungo polo aire, auga ou ferramentas de poda, recoméndase podar en época seca, desinfectar as ferramentas e utilizar enxertos resistentes.

Avispilla do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus). Wikimedia Commons

Avispilla do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus)

Avispa invasora orixinaria de Asia cuxas larvas provocan agallas (nódulos verdes ou avermellados) en brotes e follas de castiñeiros, debilitando a árbore e reducindo a produción de castañas.

A avispilla do castiñeiro estendeuse rapidamente debido á súa capacidade para reproducirse sen machos, e a súa facilidade para dispersarse polo vento ou mesmo por medios de transporte. Esta avispa deposita os seus ovos nas xemas do castiñeiro, formando agallas que impiden o desenvolvemento normal da árbore, debilitándoa progresivamente ata chegar, en moitos casos, á súa morte.

Posible solución

Apóstase polo control integrado de pragas a través do fomento de especies insectívoras, como aves e morcegos, que consomen unha gran cantidade de insectos, entre os que se atopa a avispilla do castiñeiro.

Enfermidades e pragas da abeleira

Cancro da abeleira. Copilot

Cancro da abeleira

Enfermidade causada por diferentes especies de fungos que atacan ramas e troncos de abeleiras, formando cancros alongados que debilitan a estrutura da árbore e reducen a produción de froitos.

En ocasións pode producir a morte da arboliña completa.

Posible solución

Ao transmitirse as esporas do fungo polo aire, auga ou ferramentas de poda. Recoméndase podar en época seca e queimar as ramas, desinfectar as ferramentas, utilizar enxertos resistentes e favorecer insectos depredadores do fungo.

Demo ou gurgullo da abeleira nunha das súas follas. Wikimedia Commons
Demo ou gurgullo da abeleira nunha das súas follas. Wikimedia Commons

Diabo ou gorgoxo da abeleira (Curculio nucum)

Praga causada por un escaravello (Diabo da abeleira (Curculio nucum) cuxas larvas aliméntanse das abelás, arruinando a colleita. Os adultos perforan o froito para poñer ovos, e as larvas devoran a semente, provocando a perda dos froitos.

Posible solución

Fomentar a diversidade de especies insectívoras (aves e morcegos) que se alimenten deste insecto.

Como nos enfrontamos a estes problemas? Con Solucións Baseadas na Natureza, como incrementar a diversidade de especies vexetais na explotación ou favorecer a presenza de comunidades faunísticas equilibradas, contribúe a reducir a incidencia e efecto destas enfermidades e pragas, mantendo o ecosistema en equilibrio. Isto axuda a diminuír algúns destes efectos negativos, mantendo o ecosistema en equilibrio.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.