logo_seoBird_life

3.1.2 Flora

A flora é o conxunto de plantas dun lugar. No caso dos castiñeiros e abeleiras inclúe árbores, arbustos, herbas e musgos compartindo nutrientes, auga e espazo no ecosistema e están adaptados ás condicións climáticas dos hábitats onde estas árbores viven.

Flora dos castiñeiros_tolobalaguer.com (Sutterstock)

Índice

Soutos

Peonías nun castiñeiro. Proxecto Montes Vivos

Requirimentos: habita dende os 200 ata 1800 m con temperaturas suaves entre 8 e 15ºC e altas condicións de humidade (600-800 l/m2 ao ano). Prefiren solo con boa drenaxe, onde a auga se filtra evitando que se enchoupue.

Herbáceas

Plantas de pequeno porte, algunhas con flores moi vistosas e coloridas como as peónias (Paeonia sp.), a orquídea satirión manchado (Orchis mascula). Outras con usos medicinais tradicionais como no caso de Asperula olorosa (Galium odoratum) para a dor de barriga e cicatrizante ou o matalobos (Doronicum plantagineum) utilizada para tratar vertixes ou epilepsias. ou curiosas pola súa forma: pipa de indio (Monotropa hypopitys)

Sabías que…

a pipa de indio non ten clorofila? Por iso non ten cor verde e non fai a fotosíntese, consegue os seus nutrientes a través de micorrizas que rodean a súa raíz.

Arbustos

Debido a la gran sombra que arrojan los castaños, y la toxicidad de los taninos de las castañas, no hay muchas plantas arbustivas que les acompañen: el piorno (Genista florida), el osa canina) y los tojos (Ulex europaeus). Incluso acebos (Ilex aquifolium) que en los castañares tienen tamaño de arbusto.

Piorno (Genista florida). Antonio Moreno Rodríguez - Fototeca CENEAM

Árbores

Existen árbores que comparten a luz e o espazo cos castiñeiros, especialmente en soutos en desuso. Estes bosques mixtos contémplanse con diferentes especies de arborado principalmente carballos (Quercus sp.) cerquiño (Quercus pyrenaica), nas zonas máis setentrionais xunto a teixos (Taxus baccata) e capudres (Sorbus aucuparia); e nas zonas meridionais xunto a aciñeiras (Quercus ilex) e sobreiras (Quercus suber).

Castiñeiro. Samuil Arnaudov - Shutterstock

Abeledos

Abeledos
Abeleiras dispersas e en seixo vivo. Proxecto Montes Vivos

Podemos atopar abeleiras en bosques de ribeira acompañando o curso dos ríos e barrancos ou asociados aos bordes das parcelas, entre outros lugares onde conviven con outras especies.

Requirimentos: Amplo rango altitudinal con temperaturas suaves (12-16ºC) e alta necesidade de humidade ambiental e precipitacións (700-800 l/m2). Medran en zonas de umbría e non compiten entre plantas veciñas pola luz. Forman grandes concentracións de vexetación pechada (densas e impenetrables). Prefiren solos onde a auga se filtre con facilidade.

Herbáceas

Plantas de pequeno porte, algunhas teñen flores moi vistosas e coloridas como as peónias (Paeonia sp.) e a orquídea satirión manchado (Orchis mascula). Outras teñen usos medicinais tradicionais como no caso de asperula olorosa (Galium odoratum), que serve para a dor de barriga e cicatrizar, ou o matalobos (Doronicum plantagineum), utilizada para tratar vertixes ou epilepsias. Tamén hai outras plantas que son curiosas pola súa forma como a pipa de indio (Monotropa hypopitys).

Arbustos

Debido á gran sombra que botan os castiñeiros, e a toxicidade dos taninos das castañas, non hai moitas plantas arbustivas que os acompañen. Algunhas das poucas que podemos atopar son: o piorno (Genista florida), o roseira brava (Rosa canina) e os toxos (Ulex europaeus). Tamén se poden atopar acivros (Ilex aquifolium) que nos soutos teñen tamaño de arbusto.

Barbadejo (Viburnun lantana). Wikimedia Commons

Árbores

As abeleiras conviven ben con árbores como as tileiras (Tilia platyphyllos), lamigueiros (Populus sp.), freixos (Fraxinus sp.) e amieiros (Alnus glutinosa).

Bosque de ribeira. Wikimedia Commons

Flora común do souto e abeledo

Hai plantas que se poden atopar tanto en soutos como en abeledos:

  • Herbáceas como hedras (Hedera helix), silvas bravas (Smilax aspera) e dedaleiras (Digitalis purpurea).
  • Arbustos como a silva (Rubus ulmifolius), o breixo (Erica sp.) ou o érbedo (Arbutus unedo) con porte maior.

Toda esta masa de vexetación é reflexo da gran biodiversidade que comparten os soutos e abeledos que atrae fauna que se refuxia e se alimenta entre elas.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.