Montes cheos de vida
Os soutos e os abeleirais son formacións arbóreas presentes nos nosos montes onde se cultivan castañas (do castiñeiro, Castanea sativa) e abelas (da abeleira, Corylus avellana) e forman parte dun sistema onde a natureza e a actividade humana conviven en equilibrio.
Coidar o medio ambiente é esencial!
O noso benestar e o de todos os seres vivos dependen diso. Mellorar os contornos naturais non só axuda a ter un planeta máis san, senón tamén a construír ecosistemas máis fortes e conscientes.
Protexer a natureza é protexer o noso futuro. Súmate ao cambio!
Por iso, desde Montes Vivos cremos que é posible compatibilizar a conservación da natureza, xunto coa actividade das explotacións agroforestais, de xeito que contribúan á conservación e mellora da biodiversidade asociada, sen reducir a capacidade produtiva destas, podendo protexer a biodiversidade e axudar ás comunidades rurais destas localidades.