logo_seoBird_life

Presentación

montes vivos

Montes Vivos

Castiñeirais e abeleirais cheos de vida, historia, paisaxe e paisanaxe.

Os nosos montes conforman paisaxes de vida e historia dos que temos moito que aprender.

Convidámoste a usar e gozar desta unidade didáctica con contido, actividades e xogos que podes utilizar de forma independente.

Calquera persoa interesada en coñecer os nosos montes, a súa importancia e uso tradicional pode aprender sobre a importancia da conservación destes lugares únicos, a súa relevancia histórica, cultural, social e ecolóxica. É de especial utilidade para responsables de centros educativos como axuda a desenvolver o contido curricular educativo na aula (ou fóra dela).

Guiarémoste no descubrimento das formas de vida que se mantiveron ligadas a estes montes durante milenios e os servizos ambientais que nos achegan. Segredos que serven de guía e nos ensínan a mellorar o noso benestar e o de todos os seres vivos que nos rodean.

Esta unidade didáctica xorde do convencemento (baseado na evidencia científica) da necesidade de conservar abeleirais e castiñeirais, rescatando e actualizando toda unha cultura baseada en "formar parte da natureza"

Coñecer e conservar os nosos montes contribúe a mellorar o estado dos nosos espazos naturais máis valiosos, a través dos seus valores naturais, paisaxes e paisanaxe. Como cidadanía e consumidores temos moito que dicir e a educación é fundamental para reconectarnos coa natureza (Biofilia).

Por que é importante para o alumnado?

Esta unidade didáctica representa unha oportunidade para:

  • Aprender sobre a biodiversidade e as súas relacións ecosistémicas.
  • Comprender o impacto humano positivo ou negativo no medio ambiente.
  • Coñecer a nosa relación histórica cos montes e como nos axudaron a sobrevivir e desenvolvérmonos como sociedade.
  • Inspirarse con solucións: Científicas e innovadoras para dar resposta aos desafíos ambientais e sociais, (cambio climático, abandono rural, etc.)
  • Desenvolver valores ambientais: Fomentar o respecto pola natureza e a importancia de conservala para o noso gozo e o das futuras xeracións.

Esta unidade didáctica é parte do proxecto Montes Vivos, un proxecto de SEO/BirdLife co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco dos Plans de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR).

Montes Vivos busca protexer a natureza e a economía local demostrando que a conservación do medio ambiente e a rendibilidade económica son compatibles grazas ás Solucións Baseadas na Natureza (ciencia) (SbN)*. Para iso preténdese:

  • Aumentar a conectividade ecolóxica,
  • Mellorar a capacidade de acollida e sensibilizar á sociedade sobre a importancia da conservación destes bosques e os seus servizos ecosistémicos
  • Asegurar a viabilidade económica (local) poñendo en valor a produción de proximidade, de calidade, sa e sostible de castañas e abelás ao mesmo tempo que se crea emprego en zonas rurais, en igualdade de xénero que permita fixar poboación e mitigar o despoboamento.

*grazas a un traballo científico en diferentes fincas ao longo do territorio nacional (Andalucía, Asturias, Galicia, Navarra e País Vasco).

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.