- Prepara unha entrevista con preguntas como:
- Que tradicións ou costumes lembras relacionadas con estes montes?
- Que consellos nos darías para coidar a natureza?
- Como era a túa relación cos soutos ou abeledos cando eras novo?
- Fai un pequeno documental (reel para Instagram ou TikTok). Grava ou escribe as respostas dos teus maiores e compárteas coa túa clase ou familia. Exemplo Instagram de @doydasdavid
- Reflexiona: Que aprendiches desta experiencia? Como podes aplicar estes coñecementos na túa vida diaria?