logo_seoBird_life

A2.1.2 A gandería intensiva moderna

A gandería intensiva prioriza a produción rápida e o beneficio económico, pechando animais en espazos reducidos en lugar de permitirlles pacer libremente. Isto elimina os seus beneficios naturais, fertilizar o solo e dispersar sementes. O modelo industrializado opta por facer que as condicións de vida dos animais se supediten a maximizar a produción e o beneficio económico de distintas formas:

Intensificación gandeira (falta de espazo)

Pechalos en naves-establo para minimizar o uso do solo. Isto reduce a calidade de vida dos animais e a súa saúde, polo que se usan masivamente medicinas (antibióticos) para que non enfermen por amoreamento e falta de movemento.

Alimentalos con "pensos compostos" obtidos de grandes monocultivos intensivos para que engorden rápido. En ocasións, úsanse substancias químicas de engorde para producir máis (carne, leite…), que a longo prazo poden xerar problemas de saúde para as persoas.

Intensificación gandeira (alimentación)

A obtención destes pensos compostos para o gando estabulado implica cultivar grandes extensións de terreo de forma intensiva. Así, a cantidade de territorio necesario aumenta moitísimo, en contra do principio de eficiencia de uso da terra da intensificación.

Sabías que…

máis de 2/3 da terra cultivada en Europa son para producir alimento (pasto enriquecido para o gando intensivo)?

O peor de todo é que ás veces eses terreos ocupan ecosistemas de gran valor natural e/ou sistemas agrogandeiros tradicionais que alimentaban ás poboacións locais, que se ven obrigadas a abandonar as súas terras.

Os principais efectos adversos da intensificación agrogandeira:

Menor calidade dos alimentos

A intensificación dos procesos fai, en xeral, menos densos en nutrientes e menos saborosos.

Toxicidade

Químicos e medicamentos pasan a formar parte das plantas, os animais e a auga e as persoas acumulamos estes contaminantes que nos poden provocar enfermidades.

Contaminación do solo

O uso intensivo de fertilizantes minerais e herbicidas degrada o solo e abandónase e incluso cambia a usos non produtivos (construcións de edificios ou outras infraestruturas).

Redución da Biodiversidade

A concentración parcelaria elimina hábitats de moitas especies e os seus recursos, así como unha perda da funcionalidade ecolóxica do territorio ao desaparecer moitos sebes vivos, elementos tradicionais que eran utilizados como lindes das parcelas.

Perda da soberanía alimentaria

Labregas e labregos vense forzados a deixar o cultivo por falta de "competitividade" e os consumidores e consumidoras vémonos obrigadas a consumir produtos das grandes corporacións que impulsan estes modelos insostibles.

Como se poden recuperar estes lugares e seres vivos afectados?

Como resposta aos problemas do modelo agrogandeiro intensivo, xorden outros modelos alternativos –> agricultura rexenerativa e solucións baseadas na natureza.

Respecto aos ciclos naturais de nutrientes e as cadeas tróficas complexas de moitos tipos de organismos para enriquecer o ecosistema do solo, base do crecemento das plantas.

Cultivos rotados e asociados: agricultura ecolóxica. Pablo de la Nava

Estes sistemas tamén poden ser altamente produtivos, a base de aumentar a súa complexidade: rotacións e asociacións de cultivos, cubertas vexetais en vez de roturacións, uso da gandería para procesar os residuos e abonar os campos. En realidade, son solucións baseadas na natureza que se asemellan a moitos dos métodos tradicionais aos que se aplican os medios tecnolóxicos modernos.

Estes modelos de agricultura e gandería ecolóxicos cumpren un papel moi importante de mantemento da biodiversidade e da fertilidade dos solos. A recuperación de bosquetes e de sebes vivos entre parcelas de cultivo e das zonas de gandería extensiva, xogaría un papel fundamental como " infraestrutura verde " na que se refuxian e por onde circulan como corredores ecolóxicos multitude de especies de fauna e flora. Estes lugares poden actuar de reservorios de biodiversidade para comezar a recuperación das zonas intensificadas contando co transporte de sementes e fauna asociada que realizan os animais.

(Icon made by Freepik from www.flaticon.com)

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.