logo_seoBird_life

3.2.2.2. Outros produtos

Os usos tradicionais asociados a castiñeiros e aveleiras son amplos e difíciles de abarcar. Agardamos que con este último punto e o comentado no punto 3.2 te poidas facer unha idea.

Micoloxía

Avelairas e castiñeiras son lugares idóneos para a recollida e observación micóloxica. Estes hábitats, ofrecen condicións perfectas (combinación de humidade, luz solar e sombra) para o crecemento dunha gran variedade de especies de cogomelos especialmente durante o outono.

Cogomelos nun bosque. Wikimedia Commons

Entre os cogomelos comestibles destacan o boleto edulis (Boletus edulis), o boleto laranxa (Leccinum aurantiacum), o fígado de boi (Fistulina hepatica) ou a oronxa ou amanita dos Césares, (Amanita cesarea), entre outras moitas especies.

Porén, a maioría dos cogomelos que medran nestes ecosistemas non son comestibles, pero lembra, desempeñan un papel fundamental no ecosistema, especialmente no proceso de descomposición da materia orgánica.

Tuber uncinatum. Wikimedia Commons

As Micorrizas: Unha relación especial cogomelos e aveleiras

Un fenómeno importante que ocorre nestes contornos é a micorrización natural. No caso das aveleiras, o seu sistema de raíces convérteas en perfectas aliadas formando as famosas trufas comestibles.

Apicultura

Actividade dedicada á cría e coidado das abellas para a obtención dos produtos que fabrican: mel, propóleo, xelea real ou cera.

A mel de castiñeiro ten unha cor moi escura, sabor intenso e un pouco amargo e picante, con grandes efectos antioxidantes.

Mel de castiñeiro. Al1962 - Sutterstock

Outros usos

Ademais dos usos xa mencionados, os castiñeiros e aveleiras teñen outras utilidades sostibles que os converten en recursos de gran valor:

  • Plantación de aromáticas que medran nestes contornos para a súa venda. Algúns exemplos son o romeu (Salvia rosmarinus), a lavanda (Lavandula angustifolia) ou o orégano (Origanum vulgare).
  • Tintes naturais. Os restos do castiñeiro (cáscaras, ourizos e cortiza) mergullados en auga foron amplamente utilizados como tintes naturais en madeira, la e para curtir peles.
  • Biomateriais: As cáscaras de avelá, castaña e incluso restos triturados de poda utilízanse para cultivar cogomelos que posteriormente se secan dando lugar a materiais que se utilizan como illantes ou para embalaxes substitutos de plásticos.
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.