logo_seoBird_life

1.4.2. As aldeas

Traballo tradicional coa madeira de castiñeiro. DGB-INA - Fototeca CENEAM

Castañas e avelás, unha forma de vida.

O aproveitamento de soutos e avelaneiras foi unha maneira de manter viva a cultura e as tradicións de moitas aldeas, transmitidas de xeración en xeración, unindo as persoas e as comunidades coa súa terra.

Hoxe esta cultura está en perigo: a falta de relevo xeracional, novas doenzas e pragas que afectan ao arborado e o cambio climático e os fenómenos meteorolóxicos extremos fan que a poboación rural se vexa obrigada a emigrar ou a buscar e apoiarse noutro tipo de actividades económicas, como a industrial, para asegurar a súa economía, perdendo así a súa conexión coa natureza.

Solucións

Na actualidade, existen normas, plans e axudas por parte dos gobernos para promover o traballo e o emprendemento rural que permiten dar a coñecer toda a cultura, os servizos ecosistémicos e as vantaxes. Isto pode axudar a aumentar as poboacións de persoas asociadas aos soutos e ás avelaneiras, asegurando que estas tradicións e ecosistemas non desaparezan.

Accións como recuperar terreos abandonados dándolles unha segunda oportunidade, conservan os ecosistemas, protexen a biodiversidade e revitalizan a economía local. Ademais, foméntase a unión e a cooperación entre comunidades e contribúese a protexer o patrimonio natural e cultural.

Castaña e abelá. Lourdes Berzas - Loubé
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.