A súa historia
Os soutos e avelanedos son formacións arbóreas compostas principalmente por castiñeiros (Castanea sativa) ou avelaneiras (Corylus avellana) que foron modeladas pola man do home ao longo dos séculos para favorecer a súa presenza e produtividade.
O ser humano veu transformando estes montes mediante prácticas tradicionais que buscan o equilibrio entre producir o que necesitamos e conservar a natureza e os recursos para o futuro (xestión forestal sustentable/ responsable), integrando funcións que benefician á sociedade (mellorando a vida de todas as comunidades de seres vivos), aos procesos ecolóxicos (protexendo a biodiversidade), e á economía (xerando recursos e emprego).
Unha forma intelixente de coidar o planeta!
E os recursos!
Se lles preguntamos ás nosas avoas e avós, diránnos como se coidaba destes hábitats e dos seus habitantes. Para que esta asociación se manteña, precisa elementos que actúen como un esqueleto, dándolle estrutura e sostén e que na sociedade rural se intentan manter:

Artesáns/ás
Persoas que traballan xuntas para crear produtos de xeito responsable, sen danar a natureza.
Xestión sustentable/responsable:
Modelo de xestión aplicado nas explotacións agroforestais que manteñen a saúde de soutos e avelanedos sen comprometer o seu aproveitamento, no que destaca a aplicación de técnicas como:
1. Acolchado do solo
(musgos, follas e materia orgánica en descomposición) mantén a humidade, aumenta a fertilidade e axuda ao crecemento das árbores.
2. Fertilizantes naturais
Engadir fertilizantes naturais como o compost (descomposición de materia orgánica)
3. Asociar cultivos
Asociar cultivos, compatibles preto das árbores. Xérase unha maior diversidade e sácase dobre aproveitamento.
4. Xestión da auga
Por exceso: Realización de drenaxes en zonas onde hai máis precipitacións con canles ou sistemas para non encharcar o terreo.
Por defecto: En lugares onde a auga escasea, créanse alcorques ou terrazas onde se retén a auga en zonas con pendente.
É esencial evitar o abandono das zonas rurais e a explotación sen control dos recursos naturais que danan o equilibrio natural destes ecosistemas. Recuperar e valorar as prácticas tradicionais para a natureza, as persoas e o desenvolvemento económico destes lugares.
Ilustraciones: Lourdes Berzas- Loubé