Entre castiñeiros e aveleiras hai unha gran diversidade de especies, desde brións e fungos ata aves, mamíferos e insectos, todos eles esenciais para o equilibrio do ecosistema.
Porén, hoxe, soutos e aveleirais afrontan novos desafíos (cambio climático, sobreexplotación e cambio de uso do hábitat). Coñecer a súa biodiversidade e os seus beneficios axúdanos a entender por que debemos protexer estas paisaxes cheas de historia e vida.