logo_seoBird_life

A2.1.1 A agricultura intensiva moderna e os agroquímicos

Tras a segunda guerra mundial, os países máis desenvolvidos expuxeron ao mundo un modelo de intensificación da produción de alimentos. Para producir máis cantidade industrializáronse os procesos agroganadeiros co uso masivo dos denominados "agroquímicos" e a concentración en monocultivos e grandes granxas industrializadas. Chamóuselle " Revolución Verde " e conseguiu aumentos espectaculares da produción e grandes beneficios económicos.

Actualmente, a tendencia maioritaria da agricultura moderna é a intensificación agrícola. Un negocio, por riba do desenvolvemento sustentable e das nefastas consecuencias para a saúde do medio natural e do ser humano.

Así, o uso de produtos químicos de síntese (non se atopan na natureza) ou agroquímicos , que pretenden maximizar as colleitas e evitar as enfermidades, trae consigo numerosos efectos adversos. Dentro destes produtos agroquímicos podemos atopar os seguintes:

Fertilizantes minerais

Aceleran o crecemento e poden xerar máis dunha colleita ao ano. Non obstante, os solos á longa perden materia orgánica e precisan cada vez máis cantidade de fertilizante. Este exceso de fertilizante fíltrase aos acuíferos contaminándoos e, posteriormente, alcanza as augas superficiais "eutrofizándoas", facendo inviable o uso da auga ou precisando custosos tratamentos de depuración para poder utilizala. (Caso do Mar Menor) .

Herbicidas

Impiden o crecemento doutras plantas distintas a aquelas que se cultivan, para evitar competir polos recursos do solo. O problema é que moitos deles tamén acaban con plantas e microorganismos beneficiosos para o solo. Son substancias tóxicas para o ecosistema e prexudiciais para a saúde humana se non se manexan nas doses e momentos axeitados.

Tractor fumigando cultivo
Tractor fumigando un cultivo

Insecticidas

Para evitar a aparición de insectos ou outros invertebrados que provocan enfermidades e pragas para o cultivo. O problema é que tamén acaban cos insectos beneficiosos (por exemplo, xoaniñas que libran do pulgón), e ao igual que os herbicidas, son prexudiciais para o ecosistema e a saúde humana.

Uso de maquinaria contaminante

Co fin de facer economicamente máis eficiente a produción intensiva, recórrese á mecanización para roturar os campos, recoller colleitas e estender os produtos químicos mediante grandes tractores, colleitadoras e incluso avións. Altamente dependentes de combustibles fósiles, que contaminan o aire e contribúen ao quecemento do planeta.

Avión fumigando cultivo.
Avión fumigando un cultivo. Jan Amiss - Pixabay

Alimentación con pastos

Menor densidade de poboación
e máis próxima ao lugar de produción

Pequenas parcelas

Mantemento de vías
pecuarias para transhumancia

Concentración parcelaria

Uso de maquinaria contaminante

Uso de produtos químicos contaminantes

Uso de produtos químicos contaminantes

Menos dun terzo do cultivado
é de consumo directamente humano

Maior densidade de poboación
humana en zonas afastadas

Gandería intensiva

Fragmentación por infraestruturas

Transporte en lugar
de transhumancia

A intensificación agrícola e gandeira

Para aforrar en custos de produción e aumentar o beneficio económico as pequenas parcelas cultivadas por familias ou grupos locais (ANTES) fóronse concentrando en grandes campos máis doados de mecanizar gastando menos e empregando menos man de obra ( Concentración Parcelaria ) (DESPOIS). Isto foi unha das causas do abandono do medio rural e do deterioro das economías familiares dependentes deste medio.

(Icon made by Freepik from www.flaticon.com)

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.