Agora é o momento de poñer en práctica o aprendido e converterte nunha auténtica persoa embaixadora dos soutos e avelaires. Comparte os teus coñecementos e crea accións na túa rexión para protexer e conservar estes espazos.
¡Hai moitas formas de facelo!
Accións prácticas para embaixadores/as
Plantacións controladas
Organizar cos propietarios e institucións, plantacións de castiñeiros, aveleiras e outras especies autóctonas en zonas axeitadas.
Reconstrución de muros de pedra seca tradicionais
É un refuxio para moitas especies e axudan a conservar a paisaxe.
Construción e colocación de Caixas niño
Para aves e morcegos e charcas para anfibios e outros animais.
Saídas ao campo
Organiza excursións a soutos e avelaires adaptadas a diferentes niveis de dificultade con guía e persoas propietarias de fincas. Rutas históricas, botánicas, místicas (lendas e mitoloxía) ou deportivas.
Inclúe rutas adaptadas a persoas con mobilidade reducida ou colectivos vulnerables.
Actividades de sensibilización
Campañas de comunicación
E sensibilización para familias, habitantes locais, visitantes e persoas propietarias de fincas. Ideas:
- Escribe ás autoridades locais para promover a conservación destes espazos.
- Elabora folletos, carteis, vídeos curtos, podcasts ou incluso exposicións sobre soutos e avelaires.
Premios e recoñecementos
Diploma ou insignia de Embaixador/a de Soutos e Avelaires para recoñecer o esforzo de quen participa nestas actividades.
Decálogo
Accións clave para conservar estes montes e compárteo coa túa comunidade.
Accións para mellorar a saúde
Para ir un paso máis aló e combinar a conservación da natureza co desenvolvemento persoal, comunitario e a nosa saúde, proba estas ideas:

Somérxete na natureza e conéctate cos teus sentidos.
Axuda a relaxarse e mellora a saúde ao conectar coa natureza (biofilia). Por exemplo, os baños de bosque/estrelas (observación astronómica en espazos naturais) permiten aprender sobre o espazo, a mitoloxía celeste e a súa influencia na cultura local.
Talleres
A arte axúdanos a reflexionar sobre a nosa relación coa natureza. Experimenta con pigmentos naturais, crea esculturas ou escribe relatos, contos ou historias inspiradas nos castiñeiros e abeleirais.
Gastronomía Receitas tradicionais
- Colabora/pregunta/entrevista a obradoiros e restaurantes locais para promover receitas con castañas e avelás.
- Obradoiros de cociña cos produtos das aveleiras e castiñeiros.
¡¡Combínao todo!! ¡Participa e asiste a eventos, feiras e xornadas!
Comunícao nas túas Redes Sociais #MontesVivos
Grazas por protexer soutos e avelaires e comunicar o seu valor. Agora gózaos e visita con respecto, aprende dos maiores e comparte o que sabes.
Ilustraciones: Lourdes Berzas- Loubé