En todo ecosistema, cada elemento desempeña un papel esencial. Os castiñeiros convértense co tempo en refuxios de biodiversidade para unha gran variedade de fauna como o peto real, a lagartixa de Bocage ou o morcego rateiro forestal. Ademais, fungos, musgos e líquenes colonizan ocos de pólas e raíces, e enriquecen o solo ao caer contribuíndo á descomposición da materia orgánica coa axuda de invertebrados, creando un novo biotopo.
(Son de monte con interaccións entre animais)
Os abeleiros, ao ter menos porte, permiten que a luz do sol chegue con máis facilidade ao solo favorecendo o crecemento do sotobosque plantas herbáceas, arbustos e árbores novas rico e diverso á vez que contribúe á funcionalidade ecolóxica do territorio conformando corredores ecolóxicos que conectan hábitats e permiten o movemento de numerosas especies.